CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE BANDAS
A segunda edición do Areabesta Festival terá lugar o sábado 29 de agosto de 2026.
Queres formar parte do cartaz e actuar no Areabesta Festival?
Podes escanear o código QR ou facer clic nel para acceder á enquisa de inscrición de bandas, ou tamén podes copiar e abrir esta ligazón:
https://forms.gle/R8APCurxNC3Edg8x7
Prazo de inscrición: ata o 10 de xuño ás 23:59. Aberto a todas as bandas, de calquera lugar.
Non perdas a oportunidade de ser parte dun dos eventos máis emocionantes de Cerdedo Cotobade!
⚠️ Advertencia: o feito de cubrir o cuestionario de inscrición non é vinculante e non garante a participación no festival. Non todas as bandas poderán subirse ó palco do Areabesta Festival! Isto non reflicte a calidade, profesionalidade nin o compromiso das bandas. É cuestión de espazo, non de talento.
🔒 Convocatoria pechada